A piques de rematar o verán, volve a programación cultural ó Local Hipócrita con 4 funcións para público adulto do Circuíto Galego de Teatro Amador 2021 promovido pola FEGATEA co apoio da Consellería de Cultura.
Trátase de 4 pezas de teatro para público adulto que exploran códigos e xéneros ben distintos, dende o drama á parodia pasando pola comedia. Todas as funcións terán lugar ás 19h e o prezo da entrada é de 3€.
O grupo pontevedrés Porta Aberta abrirá o Circuíto coa obra GET BACK, unha peza de teatro contemporáneo da autoría de Diego Ameixeiras, o sábado 18 . En Get Back veremos como unha parada temporal do metro pode converterse nunha viaxe ao pasado das personaxes. Unha mirada no seu interior a situacións que desexan cambiar pero non o conseguían. Unha obra tremendamente actual para entreterse, escoitar, desfrutar e recoñecerse nunha das cinco vidas que se atopan no mesmo vagón da vida.
RESERVAR ENTRADA PARA GET BACK
Axóuxere Teatro, de Oleiros, porá en escena a peza «Facendo as partixas» o domingo 19 . Nos anos 80, dúas irmás reencóntranse despois de vinte anos para repartir a herdanza. A pesares das diferenzas, os remorsos e as pantasmas, descubrirán que teñen mais cousas en común das que crían.
RESERVAR ENTRADA PARA FACENDO AS PARTIXAS
O grupo Atrezo, de O Porriño, presentará o sábado 25 Que familia! Unha peza escrita e dirixida por Chelo Pampillón que aborda o papel dos maiores na familia e plantéxanos un dilema moral: «hai xente que resulta prescindible na sociedade na que vivimos?»
A FUNCIÓN DE ATREZO TIVO QUE ADIARSE por cuestións persoais dun membro do elenco. ANUNCIARASE NOVA DATA
A FUNCIÓN DE HIPÓCRITA TEATRO ADÍASE por problemas de saúde dunha das actrices. ANUNCIARASE NOVA DATA
Hipócrita Teatro pechará o Circuíto coa estrea da obra Casting, unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood
Comentarios recientes