Este sábado, día 19, unha obra multipremiada!

Este sábado continúa no Local Hipócrita o Circuíto Galego de Teatro Amador promovido pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio da Consellería de Cultura.

Ás 20h o Grupo de Teatro Gargallada, de O Barco de Valdeorras, poñerá en escena a obra “Fuga” unha peza de Jordi Galcerán na que un Conselleiro, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción, se ve inmerso nunha enleada trama cómica na que nada é o que parece.

O grupo Gargallada recibiu numerosos premios en certames de teatro afeccionado a nivel estatal por esta montaxe.

Velaí o trailer da peza:

https://www.youtube.com/watch?v=ZdSG9AoFkgc

As entradas, que serán de balde, deberán reservarse enviando un correo-e ó enderezo da asociación (hipocritateatro@gmail.com) no que se indique número de asistentes co nome completo e nº de teléfono de cada un deles.

Por outra banda, a función prevista para o domingo, día 20, a cargo do grupo de maiores de Atrezo Teatro, dirixido por Chelo Pampillón, tivo que ser adiada por motivos internos da compañía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *