O sábado 29 ás 20h continuamos coa programación teatral no Local Hipócrita.
O Circuíto Galego de Teatro Amador de FEGATEA, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, tráenos, desta volta, a un grupo que xa ten canas (cos seus 42 anos de historia) pero que conserva a enerxía da xente moza. Trátase de O TRASNO, que chega dende Vigo para poñer sobre o escenario «En venda«, unha traxicomedia que lle bota humor a temas moi serios.
Sefi Romero, Mª José González e Lucía Carballás, as actrices que protagonizan esta peza, seguro que conseguirán arrincarnos un sorriso.
Aquí tedes un avance:
Podes mercar a túa entrada na propia billetería, a 3€.
Agardámoste en R/ Doutor Gasalla 18!
Comentarios recientes