O sábado 18, ás 19h, o Escenario Hipócrita acollerá a última función do 2021. A compañía Señor López Producións Teatrais porá en escena A viaxe do Señor López, un espectáculo para público familiar cheo de sorpresas e guiños optimistas, para rematar o ano cun sorriso.
Rubén Pérez Pombo protagoniza o espectáculo e dá vida ó Sr. López, un adulto triste e solitario que emprende unha viaxe que o cambia todo, mesmo a súa maneria de vivir.
A función forma parte do Circuíto de Teatro Profesional 2021 organizado pola Deputación Provincial de Lugo.
A ENTRADA é de balde e cóllese no local dende 1h antes da función. Tamén pode reservarse enviando un correo a hipocritateatro@gmail.com indicando nome e un número de tlfno.
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaroinuit. Producións Señor López estréase con esta montaxe que achegará un sorriso ao público familiar.
Proposta artística: Rubén Pérez Pombo.
Vídeo: Javier Padilla.
Produción e deseño: Elena Centelles.
Técnico de son: Brian Rodríguez
Comentarios recientes