Arte

Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos cómo, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

  • Data: 5 de novembro
  • Hora: 19:30
  • Xénero: Drama
  • Típo de público: Adulto
  • Duración: Entre 20 e 50 minutos
  • Entrada: 3€

Síguenos

Rúa Doutor Gasalla, 18, 27004 Lugo
T.:600 07 09 69