A Última
Pregunta
E ti que farías?
peza de 15 minutos escrita por Nancho Novo e interpretada por Carlos Rebolo e Natalia Fernández.
Operación Olimpo
Constança Coello, reputada investigadora, airea os trapos sucios dos deuses olímpicos nun programa de máxima audiencia da tv.
Texto de María José García
I.N.R.I.
Iniciativa Nacional polos Recortes Idiomáticos
peza satírica de 15 minutos escrita por X. Manuel Pazos Varela
Onde Chaplin perdeu o seu paraugas
Ano 2015
CONTACONTOS MUSICADO
Espectáculo para adultos, sobre textos orixinais de María García e música composta e interpretada por Beatriz Pérez.
Emperador, que pensas? Fala!
Comedia de enredo con reminiscencias plautinas.
Ano 2013
O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizabes non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.
Unha Historia con Pau
Ano 2011
Coma onte, hoxe e sempre, quen xoga (segundo os expertos) é máis creativo e sociable. A sorpresa, a fantasía, a capacidade para crear e recrear mundos, obxectos e personaxes, o descubrimento de sentimentos e sensacións na relación cos outros, o poder inventar o presente e o futuro, forman parte do xogo. Pero, a que xogan os nenos e as nenas de hoxe? Deixan os “robóticos” xoguetes modernos lugar para a creatividade e a imaxinación? Unha historia con pau retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta … mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.
Ano 2009
Homes en Escabeche
Comedia Intelixente e satírica
Alicia anhela atopar o grande amor da súa vida, ese home que, como as sardiñas, se poida conservar en escabeche.
Premios Lugrís Freire 2010:
Mellor obra
Mellor actor (Carlos Rebolo)
CASTING
Comedia
Ano 2007
Tres mulleres,tres historias
un papel…..
Ano 2005
MISERERE
«TODO ESTÁ SEMPRE NOS SEUS COMEZOS»
Unha muller percorre o universo da súa memoria ateigado de ilusións, de culpas, de medos, de esperanza, de soidade…, pensamentos, sentimentos e emocións contradictorios que a levan a debaterse constantemente entre o amor e o odio, entre a rebeldía e a sumisión. María recorda a súa relación con Francisco dende a habitación que está a piques de abandonar e o seu relato amosa, coma unha radiografía, as vivenzas dunha muller vítima da violencia da súa parella.
Comentarios recientes