Este sábado ás 20h Ana Carreira e Itziar Rekalde ofrecerán un espectáculo único de narración oral para adultos no Local Hipócrita. Caleidoscopio (segredos a voces) dá nome a esta sesión de “historias sobre realidades inestables, contos sobre xentes tan irreais coma nós mesmos… instantes de vida, radiografías da paisaxe cotiá na que nos desenvolvemos cada …
Festa de Entroido co Mago Rafa para a xente de Aspace
Este ´sábado, 26 de febreiro, o Local Hipócrita acolleu a actuación de Mago Rafa para socias e socios de Aspace Lugo.
Señor López pecha a programación cultural deste ano o sábado 18
O sábado 18, ás 19h, o Escenario Hipócrita acollerá a última función do 2021. A compañía Señor López Producións Teatrais porá en escena A viaxe do Señor López, un espectáculo para público familiar cheo de sorpresas e guiños optimistas, para rematar o ano cun sorriso. Rubén Pérez Pombo protagoniza o espectáculo e dá vida ó …
O sábado, 20 de novembro,»Historias pequenas…» co Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas
«Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén» é un novo espectáculo do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla e chega ó Local Hipócrita o sábado 20 ás 19h, dentro do Ciclo Táboas Cheas de Emoción da Deputación Provincial. Trátase dunha peza dirixida por Ana Carreira que reúne varias escenas independentes …
As funcións adiadas de Atrezo e Hipócrita Teatro serán o 2 e 3 de outubro.
O sábado, 2 de outubro, ás 19h terá lugar a actuación do grupo Atrezo Teatro. A compañía viguesa traerá a Lugo outras pezas do seu repertorio para substituír a obra «Que familia!», que tivo que ser cancelada o pasado sábado por problemas persoais dun membro do elenco. Atrezo poñerá en escea tres pezas breves, dirixidas …
RESERVA ENTRADA PARA O CIRCUÍTO AMADOR (do 18 ó 26 de setembro)
A piques de rematar o verán, volve a programación cultural ó Local Hipócrita con 4 funcións para público adulto do Circuíto Galego de Teatro Amador 2021 promovido pola FEGATEA co apoio da Consellería de Cultura. Trátase de 4 pezas de teatro para público adulto que exploran códigos e xéneros ben distintos, dende o drama á …
RESERVA ENTRADA para «Cinco minutos sen respirar» os días 23 e 24
O venres 23 e o sábado 24, ás 20h, teremos de novo a Ítaca Teatro no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla 18, baixo) con «Cinco minutos sen respirar«. Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade. “Cinco minutos sen respirar”, …
RESERVA ENTRADA para «Quereres» de Federico García Lorca os días 12 e 13
Os días 12 e 13 ás 19:00h, Alma Selene e David Taboada presentan “Quereres” no Local Hipócrita (Doutro Gasalla 18 baixo). Trátase dun espectáculo teatral, poético musical para público adulto baseado en textos de García Lorca. “Quereres” é a particular forma de entender a Federico de Alma Selene e David Taboada, que neste espectáculo indagan …
En xaneiro, Narración Oral! Reserva a túa entrada para o día 23
Comezamos o ano con forza e ilusión, co ánimo de seguir alimentando a alma e a mente a base de consumir cultura, pero iso si, con todas as medidas anti-Covid recomendadas, porque ambas cousas son posibles e necesarias. A Programación Cultural de Nadal da Deputación provincial ofrécenos a oportunidade de gozar de dous espectáculos de …
Nova Escena pechará este domingo o Circuíto Amador no Local Hipócrita
O grupo lucense Nova Escena actuará este domingo, día 6, ás 19h no Local Hipócrita coa obra “As fillas de Eva”. “As fillas de Eva” reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados. Eva loita por soster a casa e ás fillas nun país asolado por unha longa guerra. Para ela o futuro repousa …