O Grupo de Teatro do Hula actúa o 28 de xaneiro no Escenario Hipócrita

O sábado 28 de xaneiro ás 20h, o Grupo de Teatro do Hula trae ó Escenario Hipócrita (R/ Doutor Gasalla, 18) a súa última peza:  «Asasinato na tenda de roupa«. Trátase dunha comedia disparatada con tintes de misterio, dirixida por Carlos Rebolo, que transcorre nunha tenda de barrio onde nada é como parece: Unha xefa …

Leer más

Unha peza para público familiar pecha a programación Hipócrita deste ano

«María Balteira, a bailadora primeira» , unha peza de teatro danza para público familiar de Xamón Produción, pecha a programación do Escenario Hipócrita deste ano. A función terá lugar o sábado 17 ás 18:ooh Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e …

Leer más

O sábado 3 de decembro ás 20h, estreamos «Sombras nos ollos»!

«Sombras nos ollos»  é unha nova proposta na oferta de espectáculos teatrais de Hipócrita Teatro. Trátase dunha adaptación da peza “Baile de Sombras” (calidoscopio nº4) do autor, actor e director galego Fran Godón. «Sombras nos ollos» é unha historia dramática na que presente e pasado, mundo real e mundo sensorial se confunden, creando un espazo cheo …

Leer más

O sábado 26, Disfunción Contínua pecha o Circuíto de Teatro FEGATEA no Escenario Hipócrita

A compañía de A Estrada, Disfunción Contínua porá en escena a súa peza Departamento de Selección o sábado 26, ás 20:00h no Escenario Hipócrita. Esta é a cuarta e última función do Circuíto Galego de Teatro Amador 22  da FEGATEA que terá lugar no local de Hipócrita Teatro. Departamento de selección presenta varios personaxes que aceptan …

Leer más

Sábado 5 de novembro: Ás portas, unha obra de Paso de Valverde

O ´sabado 5 de novembro, ás 20h,  o Escenario Hipócrita acolle a terceira función do Circuíto Galego de Teatro Amador, promovido por FEGATEA co apoio da Secretaría Xeral de Cultura. A compañía Paso de Valverde porá en escena a súa peza «Ás portas». Con dirección e dramaturxia de  Xavier Ramilo, a obra inspírase en textos …

Leer más

«En venda», unha comedia aceda, o sábado 29 de outubro

O sábado 29 ás 20h continuamos coa programación teatral no Local Hipócrita. O Circuíto Galego de Teatro Amador de FEGATEA, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, tráenos, desta volta, a un grupo que xa ten canas (cos seus 42 anos de historia) pero que conserva a enerxía da xente moza. Trátase de O …

Leer más

Hipócrita estrea «Arte» este sábado, 1 de outubro, no Local Hipócrita

Coa estrea de “Arte”, unha nova montaxe teatral de Hipócrita Teatro, comeza o Circuíto Galego de Teatro Amador no Local Hipócrita, este sábado ás 20h. Este circuíto teatral promovido pola FEGATEA, co apoio económico da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, traerá ó Local Hipócrita outras tres funcións de grupos de A Coruña …

Leer más

O sábado 30, «Casting» no Local Hipócrita

«Casting», unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood, estará o día 30 de abril no escenario Hipócrita por segunda vez dende a súa estrea no pasado outono. A peza, protagonizada por María García, Natalia Fernández e Marta Arias, e dirixida por Elea López , está a ter unha excelente acollida entre o público. …

Leer más

Ubú e Axóuxere galardonados nos HIPOPREMIOS 2020-2021!

Este ano, por fin, puidemos retomar a nosa emblemática Gala dos Hipopremios! As historias contadas por Vero Rilo, «os personaxes marioneta» de Pínconús e a peza de teatro breve «A Faraona», da autoría de Carmen Conde, posta en escena por Teatro Hula encheron de humor esta VII edición da Gala. Un espectáculo  no que tamén …

Leer más

“Anacos”, de Carlos Rebolo, este sábado, 2 de abril, ás 20h no Local Hipócrita

O actor e narrador lucense Carlos Rebolo presentará mañá, sábado, “Anacos” no noso local. Historias escoitadas, vividas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá son as que poderá escoitar o público que se achegue este sábado ás 20h á R/ Doutor Gasalla 18. “Anacos” é un espectáculo unipersoal de narración oral co que Carlos Rebolo …

Leer más