Arte
Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos cómo, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.
Ficha artística e técnica
AUTORA: YASMINA REZA
DIRECTOR: JOSE CAMPANARI
ACTORES: CARLOS REBOLO, TEO GARCIA, IVAN REDONO
ATREZZO E VESTIARIO: JOSE CAMPANARI
TRADUCCION: CARLOS REBOLO
DEREITOS DE AUTOR: CON CONTRATO CON THALEIA RODUCTIONS POSEEDORA DOS DEREITOS
A duración da obra é de 70 minutos e a montaxe e desmontaxe dura 30 minutos