Categoría: Hipopremios

Ubú e Axóuxere galardonados nos HIPOPREMIOS 2020-2021!

Este ano, por fin, puidemos retomar a nosa emblemática Gala dos Hipopremios!

As historias contadas por Vero Rilo, «os personaxes marioneta» de Pínconús e a peza de teatro breve «A Faraona», da autoría de Carmen Conde, posta en escena por Teatro Hula encheron de humor esta VII edición da Gala. Un espectáculo  no que tamén houbo tempo para recordar o valor social do teatro como arte trimilenaria dende as palabras que Fernando Dacosta verteu no Manifesto polo Día Mundial do Teatro 2022.

O público do Local Hipócrita quixo que os Hipopremios 2020-21 foran para Ubú Teatro, na categoría de teatro infantil,  por » O vixilante dos soños», e para Axóuxere Teatro, na categoría de teatro para público adulto, por «Facendo as partixas».

O grupo lucense Ubú  actuara no Local Hipócrita dez días antes de decretarse o confinamento.

Compañías premiadas
Artista que actuaron na Gala

«Matapiollos» e «El Retrete de Dorian Gray» gañadores dos Hipopremios 2018

A V Edición dos Hipopremios, concedidos por Hipócrita Teatro, recoñeceu como espectáculos mellor valorados polo público do Local Hipócrita, entre todos os programados ó longo do ano 2018,  ás compañías Matapiollos e El Retrete de Dorian Gray.

A entrega de premios tivo lugar durante o V Encontro de Artes Escénicas, celebrado o sábado, día 22 . Recolleron os premios en representación das súas compañías Carlos Coira e Marcos PTT, respectivamente, ambos actores lucenses.

Matapiollos recibiu o Hipopremio pola obra “A rebelión do monicreque”, un espectáculo para público familiar que despediu dos escenarios no Local Hipócrita no mes de febreiro.  A compañía lucense levaba xa realizado máis de cen funcións do espectáculo por toda Galicia.

El Retrete de Dorian Gray presentara o espectáculo polo que foi premiado, “Retrete Cabarete”, por primeira vez en Lugo no mes de xuño, despois de percorrer con el máis de 12 países de 3 continentes con gran acollida entre o público.

Carmen Conde e Lola Fernández (do grupo Nostrum Cai Teatro-Danza), gañadoras dos Hipopremios 2017, fixeron entrega das «estatuiñas», deseño do artesán Pablo Mazoy. 

V Encontro de Artes Escénicas

O Local Hipócrita acolleu este sábado, día 22, ás 20h V Encontro de Artes Escénicas. 

Este ano o Encontro contou coas actuacións de Swing Jazz  Lugo, da monologuista Carmen Conde e da artista circense Ana Balmaceda, que xunto con varios actores e actrices de Hipócrita deron forma a un espectáculo de humor que xirou arredor das “pantasmas do pasado e do presente”.

Durante o Encontro  fíxose entrega dos Hipopremios 2018.

Esta actividade conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo

 

Adianto da programación de Nadal

O Local Hipócrita pecha a súa programación cultural anual con tres espectáculos teatrais ben diferentes, que terán lugar nas dúas fins de semana do Nadal.

O día 21, a nova compañía lucense Ítaca Teatro (http://itacateatro.comporá en escena a súa ópera prima, “Cinco minutos sen respirar”. Esta función forma parte do Programa Proscenio da Deputación Provincial.

O día 22, Hipócrita celebra o V Encontro de Artes Escénicas, que contará con tres artistas convidados, e que, como en anteriores edicións, será a gala na que se entreguen os Hipopremios.

O día 29, o Local acollerá a performance “Frío: somos inuits?” de Rubén Pérez Pombo, precedida dun obradoiro para maiores de 6 anos.

Hipopremios 2017

Non son os María Casares, pero os premiados (neste caso as premiadas),  recíbenos coma se o foran, emocionadas e agradecidas (como diría Lina Morgan) durante o IV Encontro de Artes Escénicas.

Carmen Conde

«Alba, a casa pechada«, de Nostrum Cai Teatro Danza, Hipopremio ó mellor drama!

«Premios Darwin«, de Carmen Conde, Hipopremio á mellor comedia!

Lola Fernández, directora de Nostrum Cai