Mes: octubre 2022

Sábado 5 de novembro: Ás portas, unha obra de Paso de Valverde

O ´sabado 5 de novembro, ás 20h,  o Escenario Hipócrita acolle a terceira función do Circuíto Galego de Teatro Amador, promovido por FEGATEA co apoio da Secretaría Xeral de Cultura.

A compañía Paso de Valverde porá en escena a súa peza «Ás portas». Con dirección e dramaturxia de  Xavier Ramilo, a obra inspírase en textos de Luix Kaf e Bertol Brecht.

As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan á xente do noso carón, sen sabermos se estaremos mellor despois de abrilas.
En Ás Portas, serán as encargadas de traer novas de outros lares, onde caen as bombas e o irmán de Ana e María loita polo país.
Namentres, elas agardan impacientes e empregan as portas coma barreira para crear o seu propio mundo, feito de retazos da historia nacional e do pasado familiar coma parte da clase acomodada.
Todo o que eran e posuían foise perdendo ao son das bombas. Durante a espera, o medo, o riso e as dúbidas irán anegando a súa casa ata desesperar ás dúas irmás.
Esta é una historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña ás dúas protagonistas cara un novo mundo.
Cando o perdes todo, só podes resignarte ou loitar.

ELENCO: Sonia Gómez, Ana Veiga, Bea Sánchez, Xavier Ramiilo
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Xavier Ramillo
TÉCNICA: Pablo Herforth, Zas Design e Xavier Ramilo
DURACIÓN APROXIMADA: 60 minutos:

Prezo da entrada: 3€

 

«En venda», unha comedia aceda, o sábado 29 de outubro

O sábado 29 ás 20h continuamos coa programación teatral no Local Hipócrita.

O Circuíto Galego de Teatro Amador de FEGATEA, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, tráenos, desta volta, a un grupo que xa ten canas (cos seus 42 anos de historia) pero que conserva a enerxía da xente moza. Trátase de O TRASNO, que chega dende Vigo para  poñer sobre o escenario  «En venda«, unha traxicomedia que lle bota humor a temas moi serios.

Sefi Romero, Mª José González e Lucía Carballás, as actrices que protagonizan esta peza, seguro que  conseguirán arrincarnos un sorriso.

Aquí tedes un avance:

TRAILER DE «EN VENDA»

Podes mercar a túa entrada na propia billetería, a 3€.

Agardámoste en R/ Doutor Gasalla 18!