Mes: febrero 2020

Estrea en Lugo de “O vixilante dos soños” de Ubú Teatro, os días 7 e 8 de marzo

A compañía lucense Ubú Teatro, promovida pola narradora, actriz e dramaturga Ana Carreira, presenta a súa última montaxe “O vixilante dos soños” no Local Hipócrita.

Están programadas dúas funcións, para o día 7 (sábado) ás 18:30h e o día 8 (domingo) ás 12

“O vixilante dos soños” é a versión teatral do libro de narrativa infantil do mesmo nome, escrito por Ana Carreira e ilustrado por Noemí López, publicado pola editorial Galaxia. Unha peza enfocada ó público familiar que trata temas como o valor do diferente e a importancia de sentirse arroupados polo entorno máis próximo. O protagonista, Sonolicus, deberá enfrontarse á propia certeza de ser diferente sen renunciar ó logro dos seus obxectivos.

Ana Carreira e Marga Portomeñe defenden en escena esta proposta teatral, dirixida por José Campanari, coa que veñen de percorrer varias localidades galega.

O custe da entrada é 5€ e xa se pode reservar en hipocritateatro@gmail.com

As mulleres, protagonistas do mes do teatro no Local Hipócrita

A programación cultural do Local Hipócrita do mes de marzo, no que se celebran o Día Mundial do Teatro e o Día Internacional da Muller, estará protagonizada por mulleres.

A compañía lucense Ubú Teatro, promovida por Ana Carreira, actriz, narradora e dramaturga, presentará a obra “O vixilante do soños”, unha peza para público familiar na que comparte escena con Marga Portomeñe, actriz e artista plástica. As funcións terán lugar o sábado (día 7) ás 18:30h e o domingo (día 8) ás 12:30h.

O venres 13, ás 21h, haberá unha sesión de narración oral para público adulto, titulada “Arrolando as frores”, da man e da voz de Vero Rilo, narradora e docente.

O día 27, tamén as 21h, Alma Selene, cantante soprano, actriz, e escritora afincada en Lugo, presentará “Quereres” un espectáculo musical, teatral e poético que homenaxea a Federico García Lorca, no que conta co acompañamento do músico lucense David Taboada.

O 14 de febreiro celebra con nós o “San Teatrín”!

Chega febreiro e regresa o noso peculiar “querubín”, o protagonista dun show humorístico co que cada ano, por estas datas, renovamos o noso amor ó teatro. Xa está preparado ás portas do Local para entrar en acción. Que sorpresas nos deparará desta volta?

Non te quedes coa dúbida! Reserva xa a túa entrada (5€) para o sábado 15 ás 20h en hipocritateatro@gmail.com

(Espectáculo non recomendable para público infantil)