Mes: septiembre 2018

Continúa o Circuíto Amador os días 22 e 23

O Circuíto Galego de Teatro Amador organizado por Hipócrita Teatro e promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia  ofrece esta fin de semana outras dúas funcións no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla, nº 18 baixo).

O sábado, ás 20h, Hipócrita Teatro presenta “Menestra de testosterona” unha comedia aceda para público adulto que explora algúns dos estereotipos machistas aínda presentes na nosa sociedade, non só no papel dos homes, senón tamén no das mulleres

Escena de «Menestra de testosterona»
Elenco de «Misterios»

O domingo, haberá de novo sesión matinal para público familiar, ás 12:30h, con “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, unha obra escrita e dirixida por Paula Carballeira que fala da curiosidade infantil e do emocionante de buscar respostas ós grandes “misterios” cotiás.

 

O prezo das entradas para calquera das funcións é de 3€.

Este domingo, día 16, sesión matinal para público familiar!!

«Alén» de Paso de Valverde, abre esta fin de semana o Circuíto Galego de Teatro Amador FEGATEA no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla 18 baixo). A función será ás 12:30 

“Alén” é un espectáculo de sombras que integra diferentes técnicas, dende a manipulación de bonecos articulados ata a videoproxección. “Alén” conta as aventuras que vive Chuquiño, un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador, en países lonxanos e culturas moi diferentes á súa.

Prezo da entrada: 3€.

O Circuíto continuará  os días 22 e 23 con “Menestra de testosterona” de Hipócrita Teatro, o sábado ás 20h, e “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, o domingo ás 12:30h.

Esta fin de semana (15 e 16 de setembro) comeza o Circuíto de FEGATEA no Local Hipócrita

Logo dun par de meses de descanso, este sábado retomamos a programación cultural  co Circuíto Galego de Teatro Amador que promove a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

En total serán 4 obras as que poderemos ver entre esta fin de semana e a seguinte.

O sábado 15, ás 20h, Axóuxere Teatro, de Oleiros, porá en escena a peza “A Rúa do Inferno”, unha comedia para público adulto.

A rúa do inferno” é a adaptación ao galego da obra “La calle del infierno” do dramaturgo Antonio Onetti (Sevilla, 1962).Chámaselle así, na Feria de Sevilla, á zona de lecer onde están as atraccións de todo tipo: noria, coches de choque, casa dos espellos, tren da bruxa, etc. Na obra, a tres mulleres traballadoras dun supermercado preséntaselles a oportunidade de participar nun concurso de sevillanas e gañar 6000 euros. Só poden bailar dúas. Elas son… tres. Suponse que son amigas, pero ante o conflito, sairán as súas

auténticas personalidades…

O domingo, sesión matinal para público familiar ás 12:30h, co espectáculo de sombras titulado “Alén”  da compañía Paso de Valverde.

“Alén” é un espectáculo de sombras que integra diferentes técnicas, dende a manipulación de bonecos articulados ata a videoproxección. “Alén” conta as aventuras que vive Chuquiño, un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador, en países lonxanos e culturas moi diferentes á súa.

 

O Circuíto continuará  os días 22 e 23 con “Menestra de testosterona” de Hipócrita Teatro, o sábado ás 20h, e “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, o domingo ás 12:30h.

Todas as funcións terán lugar no Local Hipócrita, R/ Doutor Gasalla 18 baixo.

Prezo da entrada: 3€.