Mes: febrero 2018

O 3 de marzo, máis teatro coa compañía Verdeveras!

Desalmad@s, unha comedia tráxica da compañía compostelá Verdeveras, pecha a programación de inverno no Local Hipócrita. Será o 3 de marzo ás 20h.

María Ángeles Iglesias dá vida, no escenario, a unha muller que despois de anos e anos traballando pola autosuficiencia, descobre que precisa unha alma xemelga. Satisfacer este desexo parece, en principio, algo sinxelo pero a situación complicarase cada vez máis se esa alma xemelga non aparece. O diálogo constante coa súa propia alma (¿?) descóbrenos unha personaxe densa e desdobrada que para atopar ese “algo superior” non escatima en recursos: animais, homes, mulleres, nenos.. Un anuncio no xornal que lle dará a ilusión dun amor e esta soidade que nos esta matando…

Dramaturxia e interpretación: María Angeles Iglesias

Música orixinal: Tato López

Deseño do movemento: Xus Raindo

Direción: Carlos Neira

Estrea: Salón Teatro (Compostela)

San Teatrín 2018

O San Teatrín 2018 deixounos estampas coma estas!

Grazas a Julio Seijas por captar e resumir tan ben esta tardiña de humor e amor!

Grazas, tamén, ó público asistente por alimentar o amor ó teatro!

Interviron como actores e actrices: Teo García, Inés Agromartín, Carlos Rebolo, Tali Fernandez, Fernanda Arrojo, Óscar Alba, Lorena Lavandera e Mª José García.

Presentaron o concurso: Teo García e Ángeles Muries

Deseño de luz e sonido de: Juan Rivas

DIRECCIÓN: Elea López

O sábado 17, namórate do teatro!

Seguramente debido á acumulación de festas na mesma semana, este ano o San Teotrín, digo Teatrín, vén cargado de sorpresas: princesas en apuros, galáns acartonados,  mulleres atrapadas polo seu pasado … e un Cupido EXTRA ORDINARIO. Todo isto sen esquecer o xa clásico concurso “A súa media laranxa máis laranxa de todas as laranxas laranxas”.

Podes celebrar ou non o San Valentín, pero non te podes perder o SAN TEATRÍN!

Un show humorístico perpetrado por Hipócrita Teatro baixo a dirección de Elea López.

O sábado 17 ás 20h no Local Hipócrita.

Prezo da entrada: 3€.

 

 

 

 

Como mola ser monicreque…

Unhas 160 persoas (grandes e cativas) corearon esta fin de semana o estribillo de «Trapos e Anteollos», os monicreques protagonistas desta deliciosa obra da compañía lucense Matapiollos que anima a recuperar a creatividade e a explorar o infinito mundo da imaxinación nos xogos infantís.

Mágoa que esta foi a despedida da compañía!!

Éxito tamén dos obradoiros previos impartidos por Elea López, onde 40 nenas e nenos experimentaron como dar voz e movemento a obxectos «aparentemente inanimados».

Un programa triple, onde os máis cativos poideron aprender e divertirse ó mesmo tempo.