Dende 2015 contamos cunha progamación cultural mensual de espectáculos de artes escénicas.

Achégate a Doutor Gasalla 18, Lugo!!!!

En Cartel

O grupo no 2011

Hipócrita Teatro naceu en Lugo, en novembro do ano 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizara o Concello de Lugo.

Dende entón traballa de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través das actividades teatrais que abranguen:

  • A creación e representación de espectáculos teatrais para todo tipo de públicos, de pequeno formato (Casting, Miseree, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que pensas? Fala!…)
  • A formación dos seus membros
  •  As accións de divulgación e comunicación das súas actividades a través de diferentes medios.
  • A colaboración con outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro.
  • A pertenencia á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)

Grupo membro da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)

Colaboran: