Etiqueta: programación Hipócrita

Este domingo, día 16, sesión matinal para público familiar!!

Alén” de Paso de Valverde, abre esta fin de semana o Circuíto Galego de Teatro Amador FEGATEA no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla 18 baixo). A función será ás 12:30 

“Alén” é un espectáculo de sombras que integra diferentes técnicas, dende a manipulación de bonecos articulados ata a videoproxección. “Alén” conta as aventuras que vive Chuquiño, un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador, en países lonxanos e culturas moi diferentes á súa.

Prezo da entrada: 3€.

O Circuíto continuará  os días 22 e 23 con “Menestra de testosterona” de Hipócrita Teatro, o sábado ás 20h, e “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, o domingo ás 12:30h.

Esta fin de semana (15 e 16 de setembro) comeza o Circuíto de FEGATEA no Local Hipócrita

Logo dun par de meses de descanso, este sábado retomamos a programación cultural  co Circuíto Galego de Teatro Amador que promove a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

En total serán 4 obras as que poderemos ver entre esta fin de semana e a seguinte.

O sábado 15, ás 20h, Axóuxere Teatro, de Oleiros, porá en escena a peza “A Rúa do Inferno”, unha comedia para público adulto.

A rúa do inferno” é a adaptación ao galego da obra “La calle del infierno” do dramaturgo Antonio Onetti (Sevilla, 1962).Chámaselle así, na Feria de Sevilla, á zona de lecer onde están as atraccións de todo tipo: noria, coches de choque, casa dos espellos, tren da bruxa, etc. Na obra, a tres mulleres traballadoras dun supermercado preséntaselles a oportunidade de participar nun concurso de sevillanas e gañar 6000 euros. Só poden bailar dúas. Elas son… tres. Suponse que son amigas, pero ante o conflito, sairán as súas

auténticas personalidades…

O domingo, sesión matinal para público familiar ás 12:30h, co espectáculo de sombras titulado “Alén”  da compañía Paso de Valverde.

“Alén” é un espectáculo de sombras que integra diferentes técnicas, dende a manipulación de bonecos articulados ata a videoproxección. “Alén” conta as aventuras que vive Chuquiño, un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador, en países lonxanos e culturas moi diferentes á súa.

 

O Circuíto continuará  os días 22 e 23 con “Menestra de testosterona” de Hipócrita Teatro, o sábado ás 20h, e “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, o domingo ás 12:30h.

Todas as funcións terán lugar no Local Hipócrita, R/ Doutor Gasalla 18 baixo.

Prezo da entrada: 3€.

“15 VISIÓNS”

Hipócrita Teatro e a Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) presentan o sábado 30 de xuño, ás 19h, na Rúa Doutor Gasalla 18 baixo, a exposición “15 VISIÓNS”.

“15 VISIÓNS” recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte pictóricas, para ofrecer unha perspectiva diferente das realidades representadas nos cadros.

Con este acto clausúrase o Programa de Inserción Laboral VVX “Express Arte”, promovido  pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e desenvolvido pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL), programa no que Hipócrita Teatro participa activamente por segundo ano consecutivo.

A exposición permanecerá aberta ao público os días 2 e 3 de xullo en horario de 19:00h a 21:00h.

O mellor agasallo con T. de Marionetas Trécola!

Teatro de Marionetas Trécola presenta

O AGASALLO DE ANYA

No Local Hipócrita

Sábado 2 de xuño ás 18:30h

Domingo 3 de xuño ás 12:30 e ás 18h

 

Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que a compañía Trécola representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km., pero unidas por todo o demais: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade … Neste espectáculo as dúas protagonistas descóbrennos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Un espectáculo para público familiar.

Prezo da entrada: 5€

Retrete Cabarete, un derroche de humor e imaxinación!!!

Orgullosos de recibir no noso local á compañía El Retrete de Dorian Gray co seu espectáculo Retrete Cabarete!!

Dous actores, Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido, manipulando globos e títeres planos, cunha destreza difícil de igualar, ó ritmo de músicas de diferentes estilos, crean un espectáculo sen palabras capaz de encandilar a nenos/as e adultos durante unha hora.

Tempo era de que os espectadores lucenses tiveramos a oportunidade de disfrutar dun espectáculo nada convencional!

Fotos de Juan Rivas

Ven ó “Retrete Cabarete” o 19 ou o 20 de maio!

UN ESPECTÁCULO MUDO QUE TE DEIXARÁ SEN PALABRAS!

“Retrete Cabarete” chega a Lugo por primeira vez despois de ter percorrido máis de 10 países. É un espectáculo que nunca dorme. Cambia a cada pouco. Un número entra e outro sae… Danza, música, obxectos… Neste espectáculo mutante, a compañía El Retrete de Dorian Gray presenta os seus clásicos números curtos xunto con outros novos. Dez anos de experimentación condensados en 50 minutos sen palabras que emocionan por igual a adultos e cativos.

Sábado 19  ás 18:30h

Domingo 20 ás 12:30 e ás 17h

PREZO da FUNCIÓN: 8 € adultos ; 5 € nen@s menores de 13 anos

E ANTES DA FUNCIÓN NON PERDAS A OCASIÓN DE APRENDER A “DAR VIDA A UN GLOBO” CON ESTOS GRANDES ARTISTAS!

TRAILER DO ESPECTÁCULO:

https://vimeo.com/118025498

En maio, co Retrete de Dorian Gray

A programación Hipócrita continúa no mes de maio coa presenza da compañía El Retrete de Dorian Gray, que realizará tres funcións da peza “Retrete Cabarete”,  un espectáculo de danza e música con obxectos que leva percorrido máis de dez países.

“Retrete Cabarete” é unha peza dirixida a público adulto e infantil (a partir de 6 anos).

DATAS E HORARIOS DAS FUNCIÓNS:

Sábado 19  ás 18:30h 

Domingo 20 ás 12:30 e ás 17h

PREZO da FUNCIÓN: 8 € adultos ; 5 € nen@s menores de 13 anos

TRAILER DO ESPECTÁCULO “Retrete Cabarete”

https://vimeo.com/118025498

 

VÍDEOS DE ACTUACIÓNS DA COMPAÑÍA

El Retrete de Dorian Gray – Ne me quitte pas

https://www.youtube.com/watch?v=Dq0RIN_ArWc

Titirimundi 2011 – El Retrete de Dorian Gray

https://www.youtube.com/watch?v=QDaeCONw7nQ

retrete de dorian gray rua aire trailer

https://www.youtube.com/watch?v=Fe02e7NPj3E

“Radioteatro”, sabado 28 de abril ás 20h

Celebramos a “Primavera Hipócrita” con “Radioteatro”

Actores e actrices de Hipócrita Teatro, coa colaboración de Paco Nieto, recreamos no escenario un programa de radio dos anos 60 que foi transmitido en directo a través de Openradio.es.

O programa incluíu boletíns informativos, música en directo, publicidade comercial, unha radionovela por capítulos, peticións dos oíntes, e unha entrevista sorpresa cun personaxe moi peculiar que anda estes días por Lugo, o Gran Luguini.

Fotos de Jaime González