Etiqueta: programación cultural lugo

O Grupo de Teatro do Hula actúa o 28 de xaneiro no Escenario Hipócrita

O sábado 28 de xaneiro ás 20h, o Grupo de Teatro do Hula trae ó Escenario Hipócrita (R/ Doutor Gasalla, 18) a súa última peza:  «Asasinato na tenda de roupa«.

Trátase dunha comedia disparatada con tintes de misterio, dirixida por Carlos Rebolo, que transcorre nunha tenda de barrio onde nada é como parece:

Unha xefa desagradable, dúas dependentas curiosas, tres parellas desparelladas e, de súpeto, aparece un cadáver.  E alí aparecen dous detectives nada sagaces que deberán resolver o misterio.

Elenco:

Dona Katiuska: Concepcion Peteiro Ferro

Carmiña: Maria Jose Loures Castiñeira

Rosario: Rosa Maria Gonzalez Lopez

Repartidor: Nicolas Carricoba Vilanoba

Medusa: Beatriz Moreno Torres

Dona Xertrudis:Pilar Tato Agra

Socorro: Jose Tomas Miguelez Lopez

Rebeca: Mercedes Vilanoba Arias

Cecilia:Maria Jesus Flores Devesa

Hilda: Maria Jose Rego Docando

Sherlok: Francisco Sanchez Gomez

Cirilo: Jose Antonio Ayan Rodriguez

As entradas poden adquirirse no propio local dende media hora antes do comezo da función e custan 5€.

Unha peza para público familiar pecha a programación Hipócrita deste ano

«María Balteira, a bailadora primeira» , unha peza de teatro danza para público familiar de Xamón Produción, pecha a programación do Escenario Hipócrita deste ano. A función terá lugar o sábado 17 ás 18:ooh

Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo, da autoría e dirección de Lola Saltatore.
O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro; pero algo non vai ben: Nunha parte do seu bosque as plantas e as árbores non medran como deberían. Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, pero María soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar de María e pídelle que lle ensine a bailar. A fama da bailadora María Balteira chega a oídos do Rei Sabio que lle escribe unha carta pedíndolle axuda para que o seu Bosque das Artes medre florido e fermoso.

Esta función forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial e a entrada será de balde ata completar aforo.

 

O sábado 3 de decembro ás 20h, estreamos «Sombras nos ollos»!

«Sombras nos ollos»  é unha nova proposta na oferta de espectáculos teatrais de Hipócrita Teatro.

Trátase dunha adaptación da peza “Baile de Sombras” (calidoscopio nº4) do autor, actor e director galego Fran Godón.

«Sombras nos ollos» é unha historia dramática na que presente e pasado, mundo real e mundo sensorial se confunden, creando un espazo cheo de sombras do que os personaxes non poden saír.

A interpretación actoral, a iluminación e o ambiente sonoro son os principais elementos dunha posta en escena sinxela, que busca a emoción do público.

Fernanda Arrojo, Natalia Fernández e Marta Árias soben ó escenario baixo a dirección de Natalia Fernández.

Juan Rivas encargouse do deseño de luces e María García da dramaturxia e do ambiente sonoro.

A estrea terá lugar o sábado 3 de decembro ás 20:00 no Escenario Hipócrita.

As entradas, ó prezo de 5€, poden adquirirse no propio local.

O sábado 26, Disfunción Contínua pecha o Circuíto de Teatro FEGATEA no Escenario Hipócrita

A compañía de A Estrada, Disfunción Contínua porá en escena a súa peza Departamento de Selección o sábado 26, ás 20:00h no Escenario Hipócrita.

Esta é a cuarta e última función do Circuíto Galego de Teatro Amador 22  da FEGATEA que terá lugar no local de Hipócrita Teatro.

Departamento de selección presenta varios personaxes que aceptan participar nun xogo  cruel e perverso para acadar un posto de traballo. O cinismo, o egoísmo, a intolerancia e a falta de empatía vanse manifestando no seu comportamento a medida que o xogo avanza.

 

O público, xunto cos personaxes, debe decidir ata onde chega a verdade e onde comeza o truco.  O espectador poderá reflexionar sobre  o comportamento humano e  os valores da sociedade de mercado en que vivimos.   A obra, que alterna momentos máis divertidos con outros máis dramáticos, é unha crítica á deshumanización do mundo capitalista,  que nos convirte en enemigos e competidores, dispostos á loita máis salvaxe na que  todo vale.

No escenario dan vida ós personaxes María Porto, Clara Iglesias, Natalia Carbajal, Bea del Río e Rosa López baixo a dirección de Jouse García.

As entradas poden mercarse no mesmo local ó prezo de 3€.

Sábado 5 de novembro: Ás portas, unha obra de Paso de Valverde

O ´sabado 5 de novembro, ás 20h,  o Escenario Hipócrita acolle a terceira función do Circuíto Galego de Teatro Amador, promovido por FEGATEA co apoio da Secretaría Xeral de Cultura.

A compañía Paso de Valverde porá en escena a súa peza «Ás portas». Con dirección e dramaturxia de  Xavier Ramilo, a obra inspírase en textos de Luix Kaf e Bertol Brecht.

As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan á xente do noso carón, sen sabermos se estaremos mellor despois de abrilas.
En Ás Portas, serán as encargadas de traer novas de outros lares, onde caen as bombas e o irmán de Ana e María loita polo país.
Namentres, elas agardan impacientes e empregan as portas coma barreira para crear o seu propio mundo, feito de retazos da historia nacional e do pasado familiar coma parte da clase acomodada.
Todo o que eran e posuían foise perdendo ao son das bombas. Durante a espera, o medo, o riso e as dúbidas irán anegando a súa casa ata desesperar ás dúas irmás.
Esta é una historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña ás dúas protagonistas cara un novo mundo.
Cando o perdes todo, só podes resignarte ou loitar.

ELENCO: Sonia Gómez, Ana Veiga, Bea Sánchez, Xavier Ramiilo
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Xavier Ramillo
TÉCNICA: Pablo Herforth, Zas Design e Xavier Ramilo
DURACIÓN APROXIMADA: 60 minutos:

Prezo da entrada: 3€

 

«En venda», unha comedia aceda, o sábado 29 de outubro

O sábado 29 ás 20h continuamos coa programación teatral no Local Hipócrita.

O Circuíto Galego de Teatro Amador de FEGATEA, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, tráenos, desta volta, a un grupo que xa ten canas (cos seus 42 anos de historia) pero que conserva a enerxía da xente moza. Trátase de O TRASNO, que chega dende Vigo para  poñer sobre o escenario  «En venda«, unha traxicomedia que lle bota humor a temas moi serios.

Sefi Romero, Mª José González e Lucía Carballás, as actrices que protagonizan esta peza, seguro que  conseguirán arrincarnos un sorriso.

Aquí tedes un avance:

TRAILER DE «EN VENDA»

Podes mercar a túa entrada na propia billetería, a 3€.

Agardámoste en R/ Doutor Gasalla 18!

Hipócrita estrea «Arte» este sábado, 1 de outubro, no Local Hipócrita

Coa estrea de “Arte”, unha nova montaxe teatral de Hipócrita Teatro, comeza o Circuíto Galego de Teatro Amador no Local Hipócrita, este sábado ás 20h.

Este circuíto teatral promovido pola FEGATEA, co apoio económico da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, traerá ó Local Hipócrita outras tres funcións de grupos de A Coruña e Pontevedra neste outono.

“Arte”, da dramaturga Yasmina Reza, está protagonizada por Teo García, Iván Redondo e Carlos Rebolo e dirixida por José Campanari.

Trátase dunha comedia sobre a amizade e sobre a fraxilidade dos lazos humanos. Hipócrita Teatro xa ten previstas outras cinco funcións desta peza, durante o outono, en distintas localidades da xeografía galega.

As entradas poden adquirirse no propio Local (R/ Doutor Gasalla, 18) dende unha hora antes da función, ó prezo de 3€.

 

O sábado 30, «Casting» no Local Hipócrita

«Casting», unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood, estará o día 30 de abril no escenario Hipócrita por segunda vez dende a súa estrea no pasado outono.

A peza, protagonizada por María García, Natalia Fernández e Marta Arias, e dirixida por Elea López , está a ter unha excelente acollida entre o público.

 

A función será ás 20h e as entradas poden adquirirse no propio local dende unha hora antes da función.

Ubú e Axóuxere galardonados nos HIPOPREMIOS 2020-2021!

Este ano, por fin, puidemos retomar a nosa emblemática Gala dos Hipopremios!

As historias contadas por Vero Rilo, «os personaxes marioneta» de Pínconús e a peza de teatro breve «A Faraona», da autoría de Carmen Conde, posta en escena por Teatro Hula encheron de humor esta VII edición da Gala. Un espectáculo  no que tamén houbo tempo para recordar o valor social do teatro como arte trimilenaria dende as palabras que Fernando Dacosta verteu no Manifesto polo Día Mundial do Teatro 2022.

O público do Local Hipócrita quixo que os Hipopremios 2020-21 foran para Ubú Teatro, na categoría de teatro infantil,  por » O vixilante dos soños», e para Axóuxere Teatro, na categoría de teatro para público adulto, por «Facendo as partixas».

O grupo lucense Ubú  actuara no Local Hipócrita dez días antes de decretarse o confinamento.

Compañías premiadas
Artista que actuaron na Gala

“Anacos”, de Carlos Rebolo, este sábado, 2 de abril, ás 20h no Local Hipócrita

O actor e narrador lucense Carlos Rebolo presentará mañá, sábado, “Anacos” no noso local.

Historias escoitadas, vividas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá son as que poderá escoitar o público que se achegue este sábado ás 20h á R/ Doutor Gasalla 18.

“Anacos” é un espectáculo unipersoal de narración oral co que Carlos Rebolo se estrea no “contar de viva voz” da man do seu mestre José Campanari.

As entradas poden adquirirse no propio local dende unha hora antes da función ó prezo de 8€.