Etiqueta: encontro artes escénicas

“Matapiollos” e “El Retrete de Dorian Gray” gañadores dos Hipopremios 2018

A V Edición dos Hipopremios, concedidos por Hipócrita Teatro, recoñeceu como espectáculos mellor valorados polo público do Local Hipócrita, entre todos os programados ó longo do ano 2018,  ás compañías Matapiollos e El Retrete de Dorian Gray.

A entrega de premios tivo lugar durante o V Encontro de Artes Escénicas, celebrado o sábado, día 22 . Recolleron os premios en representación das súas compañías Carlos Coira e Marcos PTT, respectivamente, ambos actores lucenses.

Matapiollos recibiu o Hipopremio pola obra “A rebelión do monicreque”, un espectáculo para público familiar que despediu dos escenarios no Local Hipócrita no mes de febreiro.  A compañía lucense levaba xa realizado máis de cen funcións do espectáculo por toda Galicia.

El Retrete de Dorian Gray presentara o espectáculo polo que foi premiado, “Retrete Cabarete”, por primeira vez en Lugo no mes de xuño, despois de percorrer con el máis de 12 países de 3 continentes con gran acollida entre o público.

Carmen Conde e Lola Fernández (do grupo Nostrum Cai Teatro-Danza), gañadoras dos Hipopremios 2017, fixeron entrega das “estatuiñas”, deseño do artesán Pablo Mazoy. 

V Encontro de Artes Escénicas

O Local Hipócrita acolleu este sábado, día 22, ás 20h V Encontro de Artes Escénicas. 

Este ano o Encontro contou coas actuacións de Swing Jazz  Lugo, da monologuista Carmen Conde e da artista circense Ana Balmaceda, que xunto con varios actores e actrices de Hipócrita deron forma a un espectáculo de humor que xirou arredor das “pantasmas do pasado e do presente”.

Durante o Encontro  fíxose entrega dos Hipopremios 2018.

Esta actividade conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo

 

Adianto da programación de Nadal

O Local Hipócrita pecha a súa programación cultural anual con tres espectáculos teatrais ben diferentes, que terán lugar nas dúas fins de semana do Nadal.

O día 21, a nova compañía lucense Ítaca Teatro (http://itacateatro.comporá en escena a súa ópera prima, “Cinco minutos sen respirar”. Esta función forma parte do Programa Proscenio da Deputación Provincial.

O día 22, Hipócrita celebra o V Encontro de Artes Escénicas, que contará con tres artistas convidados, e que, como en anteriores edicións, será a gala na que se entreguen os Hipopremios.

O día 29, o Local acollerá a performance “Frío: somos inuits?” de Rubén Pérez Pombo, precedida dun obradoiro para maiores de 6 anos.

Hipopremios 2017

Non son os María Casares, pero os premiados (neste caso as premiadas),  recíbenos coma se o foran, emocionadas e agradecidas (como diría Lina Morgan) durante o IV Encontro de Artes Escénicas.

Carmen Conde

Alba, a casa pechada“, de Nostrum Cai Teatro Danza, Hipopremio ó mellor drama!

Premios Darwin“, de Carmen Conde, Hipopremio á mellor comedia!

Lola Fernández, directora de Nostrum Cai

 

E xa van 4…

Encontros de Artes Escénicas! Unha gala de portas abertas na que participan artistas de diferentes disciplinas. Este ano foron Arturo Nono (clown e mimo), Alejandra Botigué e Magín López (tango) e  Mago Rafa, quen subiron ó escenario ó fío dun guión teatral, interpretado por Hipócrita Teatro, que parodiou un dos temas políticos de máxima actua

Encontro 2017. Fotos La Cosa Gráfica

 

IV ENCONTRO DE ARTES ESCÉNICAS

Este final de ano, e van catro, invitámosvos ó noso xa tradicional Encontro de Artes Escénicas. Unha gala de portas abertas cun marabilloso e irrepetible cartel con distintos artistas de diferentes disciplinas das artes escénicas. Podedes vir contoda a familia, podes vir só ou soa e podedes vir en parexa, o que non se pode é faltar.

 

Mago Rafa

Arturo Nono

Alejandra Botigué e Magín López

 

Maxia, Clown, Danza, Música, Teatro…. Peparamos un encontro que non te podes perder!!!!!!!

O SÁBADO 16 ÁS 20 H, ACHÉGATE A DOUTOR GASALLA 18 (Lugo)