Etiqueta: contacontos

Aquí está a nosa programación para o 1º trimestre do ano!

Abrimos a programación cultural do ano o día 27 de xaneiro, domingo, a cargo da compañía  Marionetas Trécola que representará a obra “Tolitates”. para público familiar.

Continuamos o día 9 de febreiro coa 5º edición do “San Teatrín”, un show humorístico e transgresor co que cada ano celebramos por estas datas o amor ó teatro.

Carmen Conde con Laura Lamontagne estarán no Local Hipócrita o día 15 de marzo con “Tabú”, un show de narración oral con música en vivo.

O día 24 de marzo o Local acollerá unha nova sesión matinal para público familiar, esta vez a cargo de Fran Rei con seu espectáculo “O conto de Barrigaverde”.

11 de novembro: contacontos con maxia para público familiar

Este domingo, ás 12:30h, nova sesión matinal para público familiar:

«A historia de Blancaflor» un contacontos con maxia. Protagonizado por Fran Rei, baixo a dirección de Avelino González,  este contacontos achégamos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partires da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos Marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

O espectáculo forma parte do Programa de Teatro Profesional PROSCENIO da Deputación Provincial de Lugo.

Prezo da entrada: 5€