A compañía lucense Ubú Teatro, promovida pola narradora, actriz e dramaturga Ana Carreira, presenta a súa última montaxe “O vixilante dos soños” no Local Hipócrita.
Están programadas dúas funcións, para o día 7 (sábado) ás 18:30h e o día 8 (domingo) ás 12
“O vixilante dos soños” é a versión teatral do libro de narrativa infantil do mesmo nome, escrito por Ana Carreira e ilustrado por Noemí López, publicado pola editorial Galaxia. Unha peza enfocada ó público familiar que trata temas como o valor do diferente e a importancia de sentirse arroupados polo entorno máis próximo. O protagonista, Sonolicus, deberá enfrontarse á propia certeza de ser diferente sen renunciar ó logro dos seus obxectivos.
Ana Carreira e Marga Portomeñe defenden en escena esta proposta teatral, dirixida por José Campanari, coa que veñen de percorrer varias localidades galega.
O custe da entrada é 5€ e xa se pode reservar en hipocritateatro@gmail.com
A programación cultural do Local Hipócrita do mes de marzo, no que se celebran o Día Mundial do Teatro e o Día Internacional da Muller, estará protagonizada por mulleres.
A compañía lucense Ubú Teatro, promovida por Ana Carreira, actriz, narradora e dramaturga, presentará a obra “O vixilante do soños”, unha peza para público familiar na que comparte escena con Marga Portomeñe, actriz e artista plástica. As funcións terán lugar o sábado (día 7) ás 18:30h e o domingo (día 8) ás 12:30h.
O venres 13, ás 21h, haberá unha sesión de narración oral para público adulto, titulada “Arrolando as frores”, da man e da voz de Vero Rilo, narradora e docente.
O día 27, tamén as 21h, Alma Selene, cantante soprano, actriz, e escritora afincada en Lugo, presentará “Quereres” un espectáculo musical, teatral e poético que homenaxea a Federico García Lorca, no que conta co acompañamento do músico lucense David Taboada.
Chega febreiro e regresa o noso peculiar “querubín”, o protagonista dun show humorístico co que cada ano, por estas datas, renovamos o noso amor ó teatro. Xa está preparado ás portas do Local para entrar en acción. Que sorpresas nos deparará desta volta?
Non te quedes coa dúbida! Reserva xa a túa entrada (5€) para o sábado 15 ás 20h en hipocritateatro@gmail.com
(Espectáculo non recomendable para público infantil)
O 13 de decembro ás 21h o Local Hipócrita acollerá un espectáculo cómico musical de Producións Dispersas dirixido por José Campanari. “Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)” é un cabaré absurdo no que Diego Freire dá vida a un personaxe desubicado, disfuncional e un pouquiño esquizofrénico, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano onde todo será diferente. Existirá tal paraíso?
FICHA ARTÍSTICA:
Foto: Áureo Gómez
Autor: Diego Freire
Dirección: José Campanari
Escenografía: Daniel D. Calet
Vestiario: Daniel D. Calet
Deseño de Son: Diego Freire
Música: Ramón Feáns «Chiri»
Que di a crítica do espectáculo?
Afonso Becerra: «No palco, desde a proximidade apenas rota por unha curta liña de candilexas, Diego Freire brinca coa esquizofrenia da actualidade nun monólogo ao que asoman o showman de cabaré, o clown triste, o perdedor, o bufón que lle canta as corenta á sociedade submisa, o tolo e o soñador»
Fernando Llorente: «Diego Freire desenvolve un traballo no que un aparente estatismo corporal está cargado dunha riqueza de matices xestuais. O espectáculo presenta unha sutil unidade, un fío argumental, trenzado coas repeticións obsesivas, de palabra e xesto. A dirección de José Campanari harmoniza o traballo do actor cunhas músicas amables e cunhas luces, nas que os fulgores altérnanse ou conviven coas sombras. Como na vida mesma.»
“Delicadas” unha peza do dramaturgo e director teatral Alfredo Sanzol, inspirada nas vivencias de mulleres que viviron a Guerra Civil e a postguerra, será a próxima obra que se poida ver no Local Hipócrita (Doutor Gasalla 18). Será o vindeiro sábado, día 23 ás 20h a cargo do grupo de teatro sarrián Rebuldeira. Esta función forma parte da programación do Proxecto Buxiganga da Deputación Provincial.
As entradas teñen un prezo de 3€ e xa poden reservarse enviando un correo a hipocritateatro@gmail.com.
Tal como vos adiantamos hai algún tempo, os días de 16 e 17 deste mes o Local Hipócrita acollerá a Pre –ESTREA MUNDIAL!! de “PÍNCONÚS”.
“PÍNCONÚS”, da compañía do mesmo nome, promovida por Carlos Coira, é unha comedia musical para toda a familia.
“Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha taquilleira que vén e vai… Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ó que todos queren ir pero moi poucos de atreven. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar”.
Foto: La Cosa Gráfica
Ana Carreira, Carlos Coira, Carlos Rebolo e Marga Portomeñe forman o elenco. O texto e a dirección corren a cargo de José Campanari e a música de Piti Sanz.
Podedes reservar xa as vosas entradas (ó prezo de 5€) enviando un correo a: hipocritateatro@gmail.com. Non olvidedes especificar a que función das 3 programadas queredes asistir:
1º Pre-ESTREA MUNDIAL!!: sábado 16 ás 18h
2º Pre-ESTREA MUNDIAL!!: domingo 17 ás 12:30h
3º Pre-ESTREA MUNDIAL!! domingo 17 ás 18h
Se queredes viaxar a Pínconús, agardámovos no andén da estación! (R/ Doutor Gasalla 18 baixo dereita)
Despois dunha pausa veraniega, Hipócrita retoma a programación cultural no seu Local da R/ Doutor Gasalla 18.
O sábado 28 de setembro ás 20:00h o Grupo de Teatro Lucho Hospital Xeral Calde abrirá a programación outonal coa obra “O achado do castro”, unha adaptación da comedia de Manuel Nuñez Singala dirixida por Carlos Rebolo. As entradas xa están á venda e poden reservarse no correo-e da asociación (hipocritateatro@gmail.com). Esta función forma parte do Proxecto de teatro amador Buxiganga da Deputación Provincial.
Os días 16 e 17 de novembro serán os tamén lucenses “Pínconús”, compañía promovida por Carlos Coira, os que suban ó escenario para a estrea da peza homónima (Pínconús). Trátase dunha comedia musical familiar protagonizada por Ana Carreira, Carlos Coira, Marga Portomeñe e Carlos Rebolo, con música de Piti Sanz e texto e dirección de José Campanari.
O 23 de novembroRebuldeira Teatro porá en escena “Delicadas”, unha obra de Alfredo Sanzol inspirada nas vivencias de mulleres que viviron a Guerra Civil e a postguerra. Esta función tamén forma parte do Proxecto Buxiganga.
Xa no mes de decembro, o venres 13, o Local Hipócrita acollerá “Memorias dun ser humano disperso”, de Producións Dispersas, un espectáculo cómico musical no que Diego Freire dá vida a un personaxe desubicado, disfuncional e un pouquiño esquizofrénico.
«Hotel Desencanto» non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas, algo que os seus «clientes» parecen ignorar. Función tras función, repiten a experiencia… Ata cando?
Unha peza de teatro contemporáneo dirixida por Carlos Rebolo que mestura comedia, drama e suspense.
O equipo artístico e técnico está formado por: Natalia Fernández, Xesús Pereira, Teo García, Lili Costoya, Iván Redondo, Inés Agromartín, María García, Carlos Rebolo, Ángeles Muries, Juan Rivas e Julio Seijas.
A V Edición dos Hipopremios, concedidos por Hipócrita Teatro, recoñeceu como espectáculos mellor valorados polo público do Local Hipócrita, entre todos os programados ó longo do ano 2018, ás compañías Matapiollos e El Retrete de Dorian Gray.
A entrega de premios tivo lugar durante o V Encontro de Artes Escénicas, celebrado o sábado, día 22 . Recolleron os premios en representación das súas compañías Carlos Coira e Marcos PTT, respectivamente, ambos actores lucenses.
Matapiollos recibiu o Hipopremio pola obra “A rebelión do monicreque”, un espectáculo para público familiar que despediu dos escenarios no Local Hipócrita no mes de febreiro. A compañía lucense levaba xa realizado máis de cen funcións do espectáculo por toda Galicia.
El Retrete de Dorian Gray presentara o espectáculo polo que foi premiado, “Retrete Cabarete”, por primeira vez en Lugo no mes de xuño, despois de percorrer con el máis de 12 países de 3 continentes con gran acollida entre o público.
Carmen Conde e Lola Fernández (do grupo Nostrum Cai Teatro-Danza), gañadoras dos Hipopremios 2017, fixeron entrega das «estatuiñas», deseño do artesán Pablo Mazoy.