O ´sabado 5 de novembro, ás 20h,  o Escenario Hipócrita acolle a terceira función do Circuíto Galego de Teatro Amador, promovido por FEGATEA co apoio da Secretaría Xeral de Cultura.

A compañía Paso de Valverde porá en escena a súa peza «Ás portas». Con dirección e dramaturxia de  Xavier Ramilo, a obra inspírase en textos de Luix Kaf e Bertol Brecht.

As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan á xente do noso carón, sen sabermos se estaremos mellor despois de abrilas.
En Ás Portas, serán as encargadas de traer novas de outros lares, onde caen as bombas e o irmán de Ana e María loita polo país.
Namentres, elas agardan impacientes e empregan as portas coma barreira para crear o seu propio mundo, feito de retazos da historia nacional e do pasado familiar coma parte da clase acomodada.
Todo o que eran e posuían foise perdendo ao son das bombas. Durante a espera, o medo, o riso e as dúbidas irán anegando a súa casa ata desesperar ás dúas irmás.
Esta é una historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña ás dúas protagonistas cara un novo mundo.
Cando o perdes todo, só podes resignarte ou loitar.

ELENCO: Sonia Gómez, Ana Veiga, Bea Sánchez, Xavier Ramiilo
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Xavier Ramillo
TÉCNICA: Pablo Herforth, Zas Design e Xavier Ramilo
DURACIÓN APROXIMADA: 60 minutos:

Prezo da entrada: 3€