O sábado 28 de xaneiro ás 20h, o Grupo de Teatro do Hula trae ó Escenario Hipócrita (R/ Doutor Gasalla, 18) a súa última peza: «Asasinato na tenda de roupa«.
Trátase dunha comedia disparatada con tintes de misterio, dirixida por Carlos Rebolo, que transcorre nunha tenda de barrio onde nada é como parece:
Unha xefa desagradable, dúas dependentas curiosas, tres parellas desparelladas e, de súpeto, aparece un cadáver. E alí aparecen dous detectives nada sagaces que deberán resolver o misterio.
Elenco:
Dona Katiuska: Concepcion Peteiro Ferro
Carmiña: Maria Jose Loures Castiñeira
Rosario: Rosa Maria Gonzalez Lopez
Repartidor: Nicolas Carricoba Vilanoba
Medusa: Beatriz Moreno Torres
Dona Xertrudis:Pilar Tato Agra
Socorro: Jose Tomas Miguelez Lopez
Rebeca: Mercedes Vilanoba Arias
Cecilia:Maria Jesus Flores Devesa
Hilda: Maria Jose Rego Docando
Sherlok: Francisco Sanchez Gomez
Cirilo: Jose Antonio Ayan Rodriguez
As entradas poden adquirirse no propio local dende media hora antes do comezo da función e custan 5€.
Comentarios recientes