O grupo lucense Nova Escena actuará este domingo, día 6, ás 19h no Local Hipócrita coa obra “As fillas de Eva”.
“As fillas de Eva” reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados.
Eva loita por soster a casa e ás fillas nun país asolado por unha longa guerra. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. Pero a chegada do seu marido desestabilizará o feble equilibrio do seu mundo.
Hugo Álvarez, María Márquez, Ricardo Méndez, María Botana, Rocío Polín, Chelo Trinidad, Elena García, Marcos Codesal, Randi Estrago e Jaime Rodríguez dan vida ós personaxes deste drama escrito por X. Carlos Laxe e dirixido por María Márquez.
Esta función forma parte da programación do Circuíto Galego de Teatro Amador 2020, promovido pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio da Consellería de Cultura, que trouxo ó Local Hipócrita outras tres pezas teatrais no mes de setembro.
As entradas, a billeteira inversa, deberán reservarse enviando un correo-e ó enderezo da asociación (hipocritateatro@gmail.com) no que se indique número de asistentes co nome completo e un nº de teléfono de contacto.
Comentarios recientes