As historias que conflúen nas contadas de Lois Pérez mesturan o humor, a tradición oral, a morte (morrer hai que morrer), literatura galega e universal e os sucedidos, aqueles feitos que o malfalado lucense escoitou ou dixo que escoitou polo mundo adiante. Así, en áxil carreira constante polo seu cerebro, as historias van mudando dependendo do día, da hora e do estado de ánimo do animal escénico (máis animal que escénico!). Disposto sempre a todo, mesmo a defraudar. Nós tamén a naufragar!