Ven ó “Retrete Cabarete” o 19 ou o 20 de maio!

UN ESPECTÁCULO MUDO QUE TE DEIXARÁ SEN PALABRAS! “Retrete Cabarete” chega a Lugo por primeira vez despois de ter percorrido máis de 10 países. É un espectáculo que nunca dorme. Cambia a cada pouco. Un número entra e outro sae… Danza, música, obxectos… Neste espectáculo mutante, a compañía El Retrete de Dorian Gray presenta os …

Leer más

En maio, co Retrete de Dorian Gray

A programación Hipócrita continúa no mes de maio coa presenza da compañía El Retrete de Dorian Gray, que realizará tres funcións da peza “Retrete Cabarete”,  un espectáculo de danza e música con obxectos que leva percorrido máis de dez países. “Retrete Cabarete” é unha peza dirixida a público adulto e infantil (a partir de 6 …

Leer más

“Radioteatro”, sabado 28 de abril ás 20h

Celebramos a “Primavera Hipócrita” con “Radioteatro” Actores e actrices de Hipócrita Teatro, coa colaboración de Paco Nieto, recreamos no escenario un programa de radio dos anos 60 que foi transmitido en directo a través de Openradio.es. O programa incluíu boletíns informativos, música en directo, publicidade comercial, unha radionovela por capítulos, peticións dos oíntes, e unha …

Leer más

Programación 2º trimestre

A programación do segundo trimestre do ano abrangue espectáculos e obradoiros para público de todas as idades. Os días 7 e 8 de abril o Local Hipócrita acollerá tres funcións da obra “O souto dos prodixios” da compañía Producións Dispersas, un espectáculo participativo, dirixido a público infantil, que explora o mundo máxico que se agocha …

Leer más

O 3 de marzo, máis teatro coa compañía Verdeveras!

Desalmad@s, unha comedia tráxica da compañía compostelá Verdeveras, pecha a programación de inverno no Local Hipócrita. Será o 3 de marzo ás 20h. María Ángeles Iglesias dá vida, no escenario, a unha muller que despois de anos e anos traballando pola autosuficiencia, descobre que precisa unha alma xemelga. Satisfacer este desexo parece, en principio, algo …

Leer más

San Teatrín 2018

O San Teatrín 2018 deixounos estampas coma estas! Grazas a Julio Seijas por captar e resumir tan ben esta tardiña de humor e amor! Grazas, tamén, ó público asistente por alimentar o amor ó teatro! Interviron como actores e actrices: Teo García, Inés Agromartín, Carlos Rebolo, Tali Fernandez, Fernanda Arrojo, Óscar Alba, Lorena Lavandera e …

Leer más

O sábado 17, namórate do teatro!

Seguramente debido á acumulación de festas na mesma semana, este ano o San Teotrín, digo Teatrín, vén cargado de sorpresas: princesas en apuros, galáns acartonados,  mulleres atrapadas polo seu pasado … e un Cupido EXTRA ORDINARIO. Todo isto sen esquecer o xa clásico concurso “A súa media laranxa máis laranxa de todas as laranxas laranxas”. Podes celebrar ou non …

Leer más

Como mola ser monicreque…

Unhas 160 persoas (grandes e cativas) corearon esta fin de semana o estribillo de “Trapos e Anteollos”, os monicreques protagonistas desta deliciosa obra da compañía lucense Matapiollos que anima a recuperar a creatividade e a explorar o infinito mundo da imaxinación nos xogos infantís. Mágoa que esta foi a despedida da compañía!! Éxito tamén dos …

Leer más