«María Balteira, a bailadora primeira» , unha peza de teatro danza para público familiar de Xamón Produción, pecha a programación do Escenario Hipócrita deste ano. A función terá lugar o sábado 17 ás 18:ooh
Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo, da autoría e dirección de Lola Saltatore.
O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro; pero algo non vai ben: Nunha parte do seu bosque as plantas e as árbores non medran como deberían. Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, pero María soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar de María e pídelle que lle ensine a bailar. A fama da bailadora María Balteira chega a oídos do Rei Sabio que lle escribe unha carta pedíndolle axuda para que o seu Bosque das Artes medre florido e fermoso.
Esta función forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial e a entrada será de balde ata completar aforo.
Comentarios recientes