A Sala Hipócrita ofrece unha nova sesión matinal para público familiar o domingo día 24. Fran Rei presentará o espectáculo “O Conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González a partir de varias obras de Manuel María. O espectáculo pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
Comentarios recientes