«Alén» de Paso de Valverde, abre esta fin de semana o Circuíto Galego de Teatro Amador FEGATEA no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla 18 baixo). A función será ás 12:30 

“Alén” é un espectáculo de sombras que integra diferentes técnicas, dende a manipulación de bonecos articulados ata a videoproxección. “Alén” conta as aventuras que vive Chuquiño, un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador, en países lonxanos e culturas moi diferentes á súa.

Prezo da entrada: 3€.

O Circuíto continuará  os días 22 e 23 con “Menestra de testosterona” de Hipócrita Teatro, o sábado ás 20h, e “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, o domingo ás 12:30h.