O Circuíto Galego de Teatro Amador organizado por Hipócrita Teatro e promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ofrece esta fin de semana outras dúas funcións no Local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla, nº 18 baixo).
O sábado, ás 20h, Hipócrita Teatro presenta “Menestra de testosterona” unha comedia aceda para público adulto que explora algúns dos estereotipos machistas aínda presentes na nosa sociedade, non só no papel dos homes, senón tamén no das mulleres
O domingo, haberá de novo sesión matinal para público familiar, ás 12:30h, con “Misterios” de O Aturuxo de Melpómene, unha obra escrita e dirixida por Paula Carballeira que fala da curiosidade infantil e do emocionante de buscar respostas ós grandes “misterios” cotiás.
O prezo das entradas para calquera das funcións é de 3€.
Comentarios recientes