Como mola ser monicreque…

Unhas 160 persoas (grandes e cativas) corearon esta fin de semana o estribillo de “Trapos e Anteollos”, os monicreques protagonistas desta deliciosa obra da compañía lucense Matapiollos que anima a recuperar a creatividade e a explorar o infinito mundo da imaxinación nos xogos infantís.

Mágoa que esta foi a despedida da compañía!!

Éxito tamén dos obradoiros previos impartidos por Elea López, onde 40 nenas e nenos experimentaron como dar voz e movemento a obxectos “aparentemente inanimados”.

Un programa triple, onde os máis cativos poideron aprender e divertirse ó mesmo tempo.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *