Mitoloxía para
ignorantes

Comedia

Monólogo

Crítica Social

...

Público adulto

DRAMATURXIA e INTERPRETACIÓN: María García     

  DIRECCIÓN: Carlos Rebolo

VESTIARIO E CARACTERIZACIÓN: María García  

Dominica Coelho é unha muller erudita e excéntrica, especialista en mitoloxía grega. É «a comisaria Villarejo do mundo clásico», coñece de primeira man todos os trapos sucios dos deuses olímpicos e percorre o mundo espallando os seus “valiosos” coñecementos.

Nesta edición de “Mitoloxía para ignorantes” Dominica destapa a trama de corrupción que se agocha detrás da construción do complexo residencial dos deuses no monte Olimpo e do fulminante ascenso político de Zeus, quen pasa de vivir na clandestinidade a converterse no deus máis poderoso.