Menestra de testosterona

Unha comedia aceda a prol da igualdade entre xéneros

Público adulto

“Ninguén me advertiu do difícil que é ser muller”, reflexiona Lucrecia, que busca axuda terapéutica para pescudar nas causas dos seus continuos fracasos sentimentais. Da man do doutor Casa, a protagonista repasa, en clave de humor, as súas relacións co sexo masculino e descobre que todos os menús teñen un prato común: a “menestra de testosterona”.

Comedia aceda de humor intelixente, “Menestra de testosterona” explora algúns dos estereotipos machistas que aínda seguen vixentes na nosa sociedade, non só no papel dos homes senón tamén no das mulleres.