Estrea en Lugo de “O vixilante dos soños” de Ubú Teatro, os días 7 e 8 de marzo

A compañía lucense Ubú Teatro, promovida pola narradora, actriz e dramaturga Ana Carreira, presenta a súa última montaxe “O vixilante dos soños” no Local Hipócrita. Están programadas dúas funcións, para o día 7 (sábado) ás 18:30h e o día 8 (domingo) ás 12 “O vixilante dos soños” é a versión teatral do libro de narrativa …

Leer más

As mulleres, protagonistas do mes do teatro no Local Hipócrita

A programación cultural do Local Hipócrita do mes de marzo, no que se celebran o Día Mundial do Teatro e o Día Internacional da Muller, estará protagonizada por mulleres. A compañía lucense Ubú Teatro, promovida por Ana Carreira, actriz, narradora e dramaturga, presentará a obra “O vixilante do soños”, unha peza para público familiar na …

Leer más

O 14 de febreiro celebra con nós o “San Teatrín”!

Chega febreiro e regresa o noso peculiar “querubín”, o protagonista dun show humorístico co que cada ano, por estas datas, renovamos o noso amor ó teatro. Xa está preparado ás portas do Local para entrar en acción. Que sorpresas nos deparará desta volta? Non te quedes coa dúbida! Reserva xa a túa entrada (5€) para …

Leer más

13 de decembro: «Memorias dun ser humano disperso», un espectáculo cómico musical.

O 13 de decembro ás 21h o Local Hipócrita acollerá un espectáculo cómico musical de Producións Dispersas dirixido por José Campanari. “Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)” é un cabaré absurdo no que Diego Freire dá vida a un personaxe desubicado, disfuncional e un pouquiño esquizofrénico, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que …

Leer más

“Delicadas”, de Rebuldeira Teatro, o sábado 23 no Local Hipócrita

“Delicadas” unha peza do dramaturgo e director teatral Alfredo Sanzol, inspirada nas vivencias de mulleres que viviron a Guerra Civil e a postguerra,  será a próxima obra que se poida ver no Local Hipócrita (Doutor Gasalla 18). Será o vindeiro sábado, día 23 ás 20h a cargo do grupo de teatro sarrián Rebuldeira. Esta función …

Leer más

Pre – ESTREA MUNDIAL!!! PÍNCONÚS os días 16 e 17!!!

Tal como vos adiantamos hai algún tempo, os días de 16 e 17 deste mes o Local Hipócrita acollerá a Pre –ESTREA MUNDIAL!!  de “PÍNCONÚS”. “PÍNCONÚS”, da compañía do mesmo nome, promovida por Carlos Coira, é unha comedia musical para toda a familia. “Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, …

Leer más

No outono regresa o teatro ó Local Hipócrita!

Despois dunha pausa veraniega, Hipócrita retoma a programación cultural no seu Local da R/ Doutor Gasalla 18. O sábado 28 de setembro ás 20:00h o Grupo de Teatro Lucho Hospital Xeral Calde abrirá a programación outonal coa obra “O achado do castro”, unha adaptación da comedia de Manuel Nuñez Singala dirixida por Carlos Rebolo. As …

Leer más

Cal é a mellor maneira de rematar a Semana do Libro cos máis cativos?

Vindo este domingo (28 de abril) ás  12:30h á Sala Hipócrita!  Alí estarán Carlos Coira, un lector curioso e un pouco pesado,   e o señor Basilio, un amable e sabio bibliotecario. Ambos xogarán coas palabras, coas historias e cos libros que chegan á biblioteca do señor Basilio. Hai libros de ficción, de divulgación, con debuxos… ; cos …

Leer más

Este sábado, día 6, ás 20.30 abrimos as portas de «Hotel Desencanto»

«Hotel Desencanto» non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas, algo que os seus «clientes» parecen ignorar. Función tras función, repiten a experiencia… Ata cando?  Unha peza de teatro contemporáneo dirixida por Carlos Rebolo que mestura comedia, drama e suspense.          O equipo artístico e técnico está formado por: Natalia Fernández, Xesús Pereira, Teo García, …

Leer más