Unha historia con pau

Coma onte, hoxe e sempre, quen xoga (segundo os expertos) é máis creativo e sociable. A sorpresa, a fantasía, a capacidade para crear e recrear mundos, obxectos e personaxes, o descubrimento de sentimentos e sensacións na relación cos outros, o poder inventar o presente e o futuro, forman parte do xogo. Pero, a que xogan os nenos e as nenas de hoxe? Deixan os “robóticos” xoguetes modernos lugar para a creatividade e a imaxinación? Unha historia con pau retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta … mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.

Elenco

Iván Redondo: Iván e Chus
Juan Rivas: Técnico e pai de Chus
Carlos Rebolo: Charly e  O mago dos contos
Oscar Alba: Xefe de sala e mestre
Iván Magide: Técnico
Rocío Andón: Carmen
Elea López: Lola e Elea
Moncho Vivero: Carliños
María J. García: Nai de Chus e María

Ficha artística e técnica

Texto: Xavi Loureiro e María J. García
Dramaturxia: Elea López
Escenografía, vestiario e caracterización: María J. García
Confección vestiario: Inés Rodríguez
Música, sons e iluminación: Juan Rivas e Iván Magide
Deseño gráfico: Juan Rivas e María J. García
Axudantes de dirección: Oscar Alba e Elea López
Dirección: Carlos Rebolo

Cartel

Síguenos

Rúa Doutor Gasalla, 18, 27004 Lugo
T.:600 07 09 69