El teatro no se hace para contar las cosas, sino para cambiarlas.
Vittorio Gassman
Accesibilidade
PERFORMANCE DE CONCIENCIACIÓN
Colaboración coa Asociación AUXILIA- LUGO no acto de inauguración, no Museo Provincial de Lugo, da exposición retrospectiva «40 anos rodando». Presentación dunha performance inspirada na historia da Asociación, coa participación de varios membros da mesma e a música en directo de Yury Sidar.
FUNCIÓN SOLIDARIA
Colaboramos coa Asociación Auxilia Lugo na recadación de fondos para as súas actividades cunha función de «Unha historia con pau» no Auditorio Gustavo Freire a favor desta asociación.
«Gracias a los niños he aprendido que el teatro es una historia de un día de lluvia que hay que cambiarla al día siguiente cuando sale el sol»
Jorge Díaz
AVOA ESCOLA
Organización do I Encontro Interxeracional «Avoa escola» na antiga escola rural de S. Andrés de Barredo, coa colaboración de veciños/as desa parroquia e do concello
Infancia e Educación
TEATRO PARA A INTEGRACIÓN
Proxecto educativo co fin de proporcionar a rapaces e rapazas en risco de exclusión un ocio integrador, igualitario e educativo.
Promovendo a colaboración entre Institucións públicas, cidadáns e Asociacións, pretende non só a inclusón dos/as participantes senón a cohesión de diferentes estruturas do tecido social
«El teatro tiene que enseñar otras realidades, otras formas, realidades asociadas sobre todo a mayor libertad»
Rodrigo García
Cadea
SAINDO DE DENTRO
Proxecto en colaboración coa Asociación Aliad Utreia para levar o teatro ó Penal de Monterroso.
Entender a cadea como parte da nosa estrutura social, romper barreiras e achegar cultura .
«No hay barrera, cerradura ni cerrojo que puedas imponer a la libertad de mi mente»
Virginia Woolf
Igualdade e violencia de xénero
FUNCIÓN SOLIDARIA
A favor de Lazos Invisibles, Asociación de Mulleres víctimas da violencia de xénero.
Favorecer a visibilización dunha problemática social, contribuir en dotalas de voz e recursos.
CURSO DE HABILIDADES EXPRESIVAS E COMUNICATIVAS
Enmarcado no programa de inserción laboral «Expresando Futuro» xestionado pola Asociación de Xovenes Emprendedores Lucences (Axel) e promovido pola Xunta de Galicia.
Fomentar o empoderamento das víctimas, favorecer a aprendizaxe a través de metodoloxía teatral, contribuir na inserción laboral a través do arte e a cultura.
«El teatro no puede desaparecer porque es el único arte donde la humanidad se enfrenta a sí misma»
Arthur Miller
Traspasando Fronteiras
DESIERTO DE AGUA
Gala solidaria a favor das familias que, tras as inundacións que sufriu o Sahara, quedaran sen fogar
Contribuíe nunha causa xusta, utilizando a arte como ferramenta social.
FUNCIÓN SOLIDARIA
Co fin de recadar fondos para enviar axuda humanitaria aos refuxiados sirios organizamos no noso local dúas funcións benéficas da obra infantil «Catalina Lino Lina» de Glup-Glup Teatro, en colaboración con outras entidades.
Comentarios recientes