Categoría: teatro

Este sábado, día 19, unha obra multipremiada!

Este sábado continúa no Local Hipócrita o Circuíto Galego de Teatro Amador promovido pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio da Consellería de Cultura.

Ás 20h o Grupo de Teatro Gargallada, de O Barco de Valdeorras, poñerá en escena a obra “Fuga” unha peza de Jordi Galcerán na que un Conselleiro, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción, se ve inmerso nunha enleada trama cómica na que nada é o que parece.

O grupo Gargallada recibiu numerosos premios en certames de teatro afeccionado a nivel estatal por esta montaxe.

Velaí o trailer da peza:

https://www.youtube.com/watch?v=ZdSG9AoFkgc

As entradas, que serán de balde, deberán reservarse enviando un correo-e ó enderezo da asociación (hipocritateatro@gmail.com) no que se indique número de asistentes co nome completo e nº de teléfono de cada un deles.

Por outra banda, a función prevista para o domingo, día 20, a cargo do grupo de maiores de Atrezo Teatro, dirixido por Chelo Pampillón, tivo que ser adiada por motivos internos da compañía.

REGRESA A PROGRAMACIÓN CULTURAL Ó LOCAL HIPÓCRITA!

Con todas as medidas de hixiene e distancia social que esixe esta nova realidade, retomamos a programación teatral, porque #Aculturaésegura. O Local Hipócrita acollerá catro funcións do Circuíto Galego de Teatro Amador promovido pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio da Consellería de Cultura, entre os días 12 e 20 deste mes de setembro.

As entradas, que serán de balde, deberán reservarse enviando un correo-e ó enderezo da asociación (hipocritateatro@gmail.com) no que se indique número de asistentes co nome completo e nº de teléfono de cada un deles.

A programación do Circuíto comezará este sábado, día 12, ás 20h, coa obra “Güeiting for C.V.” de Cavort Teatro, unha comedia disparatada baseada nos realities shows, dirixida por Borja Salgado.

O día 13 ás 19h actuará a compañía organizadora, Hipócrita Teatro, que porá en escena “Hotel Desencanto”, dirixida por Carlos Rebolo, unha peza de teatro contemporáneo que mestura comedia, drama e suspense.

A programación continúa a fin de semana seguinte. O sábado 19, ás 20h, Gargallada Teatro, do Barco de Valdeorras, traerá ó Local Hipócrita a obra “Fuga”, unha comedia de actualidade coa que a compañía acadou varios premios en certames de teatro afeccionado.

Pechará o Circuíto o día 20 ás 19h o grupo de maiores de Atrezo Teatro, dirixido por Chelo Pampillón, coa comedia costumbrista “Balneario a Condesiña”.

Agardámoste na R/ Doutor Gasalla 18 baixo dereita!