O mellor agasallo con T. de Marionetas Trécola!

Teatro de Marionetas Trécola presenta O AGASALLO DE ANYA No Local Hipócrita Sábado 2 de xuño ás 18:30h Domingo 3 de xuño ás 12:30 e ás 18h   Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que a compañía Trécola representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo …

Leer más

Retrete Cabarete, un derroche de humor e imaxinación!!!

Orgullosos de recibir no noso local á compañía El Retrete de Dorian Gray co seu espectáculo Retrete Cabarete!! Dous actores, Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido, manipulando globos e títeres planos, cunha destreza difícil de igualar, ó ritmo de músicas de diferentes estilos, crean un espectáculo sen palabras capaz de encandilar a nenos/as e adultos durante …

Leer más

Ven ó “Retrete Cabarete” o 19 ou o 20 de maio!

UN ESPECTÁCULO MUDO QUE TE DEIXARÁ SEN PALABRAS! “Retrete Cabarete” chega a Lugo por primeira vez despois de ter percorrido máis de 10 países. É un espectáculo que nunca dorme. Cambia a cada pouco. Un número entra e outro sae… Danza, música, obxectos… Neste espectáculo mutante, a compañía El Retrete de Dorian Gray presenta os …

Leer más

En maio, co Retrete de Dorian Gray

A programación Hipócrita continúa no mes de maio coa presenza da compañía El Retrete de Dorian Gray, que realizará tres funcións da peza “Retrete Cabarete”,  un espectáculo de danza e música con obxectos que leva percorrido máis de dez países. “Retrete Cabarete” é unha peza dirixida a público adulto e infantil (a partir de 6 …

Leer más

“Radioteatro”, sabado 28 de abril ás 20h

Celebramos a “Primavera Hipócrita” con “Radioteatro” Actores e actrices de Hipócrita Teatro, coa colaboración de Paco Nieto, recreamos no escenario un programa de radio dos anos 60 que foi transmitido en directo a través de Openradio.es. O programa incluíu boletíns informativos, música en directo, publicidade comercial, unha radionovela por capítulos, peticións dos oíntes, e unha …

Leer más

Programación 2º trimestre

A programación do segundo trimestre do ano abrangue espectáculos e obradoiros para público de todas as idades. Os días 7 e 8 de abril o Local Hipócrita acollerá tres funcións da obra “O souto dos prodixios” da compañía Producións Dispersas, un espectáculo participativo, dirixido a público infantil, que explora o mundo máxico que se agocha …

Leer más

O 3 de marzo, máis teatro coa compañía Verdeveras!

Desalmad@s, unha comedia tráxica da compañía compostelá Verdeveras, pecha a programación de inverno no Local Hipócrita. Será o 3 de marzo ás 20h. María Ángeles Iglesias dá vida, no escenario, a unha muller que despois de anos e anos traballando pola autosuficiencia, descobre que precisa unha alma xemelga. Satisfacer este desexo parece, en principio, algo …

Leer más

San Teatrín 2018

O San Teatrín 2018 deixounos estampas coma estas! Grazas a Julio Seijas por captar e resumir tan ben esta tardiña de humor e amor! Grazas, tamén, ó público asistente por alimentar o amor ó teatro! Interviron como actores e actrices: Teo García, Inés Agromartín, Carlos Rebolo, Tali Fernandez, Fernanda Arrojo, Óscar Alba, Lorena Lavandera e …

Leer más