Mes: junio 2018

“15 VISIÓNS”

Hipócrita Teatro e a Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) presentan o sábado 30 de xuño, ás 19h, na Rúa Doutor Gasalla 18 baixo, a exposición “15 VISIÓNS”.

“15 VISIÓNS” recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte pictóricas, para ofrecer unha perspectiva diferente das realidades representadas nos cadros.

Con este acto clausúrase o Programa de Inserción Laboral VVX “Express Arte”, promovido  pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e desenvolvido pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL), programa no que Hipócrita Teatro participa activamente por segundo ano consecutivo.

A exposición permanecerá aberta ao público os días 2 e 3 de xullo en horario de 19:00h a 21:00h.