Mes: noviembre 2017

“Quero ser maior” Axouxere Teatro

Dentro da programación cultural que Hipócrita Teatro propón de forma mensual na cidade de Lugo, este mes de decembro contamos con Axouxere Teatro e a súa obra para rapaces e rapazas “Quero ser maior”

Unha comedia musical familiar

“Quero ser maior” é unha reflexión sobre a perda de valores ao longo do crecemento e a maduración. De cómo non debemos esquecer ao/a neno/ a que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Toca  temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común. Todo aderezado có amor  da amizade limpa e sincera entre dous seres sinxelos e puros: Hédor e Gaia.

Con moito humor, guiños aos pais e nais e cancións en directo!

Escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta

Cancións orixinais compostas e interpretadas por Kike Vales.

Achégate a Doutor Gasalla, 18 o SÁBADO DÍA 23 ÁS 18 HORAS!!!!